A bandeira do Salvador consiste en tres franxas horizontais iguais, azuis as extremas, representando os dous océanos que bañan Centroamérica: o Atlántico e o Pacífico; e branca a central, representando a paz.[1] A lexislación vixente distingue tres tipos en función do seu uso, a Bandeira Magna, co Escudo Nacional na franxa central para cerimonias nas que participen os tres Poderes do Estado e as festas patrias, a de edificios e oficinas públicas coa lenda Dios Unión Libertad na franxa central, e a dos desfiles, de deseño similar ó anterior. Os tamaños difiren lixeiramente entre elas, sendo as dimensións da Bandeira Magna de 3,25 metros de longo e 1,89 metros de alto, segundo o regulado pola Lei de Símbolos Patrios.[2] O deseño baséase na bandeira das Provincias Unidas do Centro de América, concibida por Manuel José Arce, quen á súa vez se inspirou na bandeira das Provincias Unidas do Río da Prata, actual Arxentina.[3]

Datos rápidos Características, Uso ...
Bandeira do Salvador
Thumb
Características
Uso
Proporción189:325
Adopción17 de maio de 1912
Cores     Azul     Branco
Pechar

Outras bandeiras

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.