Bandeira de Haití
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Haití foi adoptada oficialmente o 25 de febreiro de 1986, pero o seu deseño remóntase a comezos do século XIX, cando foi usada pola República de Haití baixo o presidente Alexandre Pétion en 1806.[1]. É unha bandeira composta por dúas franxas horizontais, do mesmo tamaño, de cor azul (a superior) e vermella (a inferior). No centro da mesma figura, dentro dun rectángulo de cor branca, o escudo nacional. A bandeira de uso civil carece de escudo.[2]