Bandeira de Güiana
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Güiana, coñecida como a punta de frecha dourada, foi aprobada o 26 de maio de 1966. Foi deseñada por Whitney Smith, un estadounidense coñecido polos seus estudos centrados na vexiloloxía. O deseño orixinal non incluía os bordos negro e branco que foron incorporados polo College of Arms. A cor verde representa a agricultura e os bosques. O branco simboliza os ríos e a auga. O dourado reflicte a riqueza mineral do país. O negro representa a capacidade de resistencia, e o vermello o ardor e o dinamismo.
Outras bandeiras
- Pavillón de Güiana, mesmo deseño que a súa bandeira, pero en proporcións 1:2.
Véxase tamén
Ligazóns externas
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.