A bandeira de Ghana é un dos símbolos nacionais do país. Inclúe as cores panafricanas e unha estrela negra de cinco puntas.
A bandeira foi deseñada por Theodosia Okoh para substituír a Bandeira do Reino Unido despois de acadar a independencia en 1957. Despois de Etiopía, Ghana foi o segundo estado africano en adoptar as cores vermella, amarela e verde.
Están dispostas en bandas horizontais iguais, coa estrela no centro da banda amarela. O vermello representa o sangue das persoas finadas nas guerras pola independencia; o amarelo representa a riqueza mineral do continente; o verde simboliza os bosques e a riqueza natural. A estrela negra representa a liberdade de África.
Entre 1964 e 1966 foi substituída cunha variante na banda central, mudando o amarelo polo branco.
- Pavillón da Forza Aérea de Ghana.
- Pavillón da Aviación Civil.
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.