![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/5/50/MNLA_flag.svg/langgl-640px-MNLA_flag.svg.png&w=640&q=50)
Bandeira de Azawad
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira de Azawad, un estado non recoñecido que declarou a súa independencia de Malí o 6 de abril de 2012, componse de 3 franxas horizontais de cor verde, vermella e negra, cun triángulo amarelo pegado ó mastro. É a mesma bandeira que a do Movemento Nacional de Liberación de Azawad.
Datos rápidos Características, Uso ...
Bandeira de Azawad | |
---|---|
![]() | |
Características | |
Uso | |
Proporción | 1:2 |
Adopción | 6 de abril de 2012 |
Cores | Verde Vermello Negro Amarelo |
Pechar
O deseño baséase na bandeira de Palestina coas cores panafricanas.[1]
Durante as anteriores rebelións tuareg, propuxéronse dúas bandeiras distintas para Azawad. Unha delas era horizontal bicolor azul e branco cun triángulo vermello, e a outra era unha bandeira branca lisa coa lúa crecente e estrela azuis.[2]