![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/Flag_of_Bermuda.svg/langgl-640px-Flag_of_Bermuda.svg.png&w=640&q=50)
Bandeira das Bermudas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A bandeira das Bermudas é un dos símbolos oficiais deste Territorio Británico de Ultramar. Como estandarte vermello das illas, foi adoptado por primeira vez o 4 de outubrp de 1910. Está formado polo Estandarte Vermello Británico coa bandeira da Unión (que é a bandeira nacional) no recuncho superior esquerdo, e o escudo das Bermudas no inferior dereito.[1] Antes disto, como a maioría das colonias británicas da época, adoptou unha bandeira azul cun selo que representaba un dique seco con tres veleiros. En 1999, a bandeira cambiou á súa forma actual, cun escudo ampliado.