banda de música de Ventosa, Agolada From Wikipedia, the free encyclopedia
A Banda de música de Ventosa foi unha agrupación musical con sede na parroquia de Ventosa, no concello pontevedrés de Agolada.
Anos de actividade | 1862-1959 |
---|---|
Enderezo | Ventosa, Agolada |
Fundada en 1862, foi a banda máis antiga de Agolada. O seu primeiro director foi Cuñarro, que permaneceu bastantes anos á fronte da formación. Tras el pasaron Juan Fernández (Juanito), José Fernández Alvarellos, Clemente Fernández, fillo do primeiro e curmán do segundo; e Manolo do Cereixas, con quen desapareceu a banda en 1959. A Clemente realizóuselle unha homenaxe a título póstumo, tal e como recorda unha placa no palco da música de Ventosa: La parroquia de Ventosa a su insigne músico Clemente Fernández Lamela, año 1980. Durante unha época, esta banda estivo subvencionada polo concello de Agolada, que lle esixía que adoptase a denominación de Municipal de Agolada, pero este nome non durou moito.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.