banco español con sede en Santander, Cantabría From Wikipedia, the free encyclopedia
O Banco Santander é unha compañía bancaria española. É a orixe dunha das empresas multinacionais máis importantes de España[1] tras o éxito e absorción de distintos bancos nacionais e estranxeiros, o Grupo Santander está formado principalmente polo Banco Santander Central Hispano (BSCH), creado en 1999 tras a fusión co Banco Central Hispanoamericano (BCH).
Banco Santander | |
---|---|
Edificio do Banco Santander en Santander | |
Tipo | Sociedade Anónima |
Fundación | 1857 |
Localización | Paseo Pereda, 9-12, 39004 Santander Cantabria |
Persoas clave | Ana Patricia Botín (Presidenta) |
Número de empregados | 193 350 (2011) |
Na rede | |
https://www.santander.com/, https://www.bancosantander.es/, https://www.santander.com.mx/ e https://www.santanderrio.com.ar/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Foi creada pola unión de comerciantes da entón denominada provincia de Santander, na actualidade Cantabria, cuxas primeiras actividades financeiras datan do 20 de agosto de 1857. Xurdiu arredor do negocio das exportacións de trigo e cereais de Castela polo porto de Santander, ademais das importacións de produtos de América.
Foi banco emisor de papel moeda ata 1874, ano no que, polas medidas adoptadas polo ministro de Economía, José Echegaray, dita actividade quedou reservada ao Banco de España en exclusividade. O Banco de Santander aceptou naquel momento a oferta de permanecer como banco comercial. Emilio Botín López foi o primeiro membro desta familia que chegou a presidente en 1909, bisavó da actual presidenta do Grupo Santander Ana Patricia Botín. En 1994 adquiriu o Banco Español de Crédito (Banesto). O 10 de marzo de 2007 o banco celebrou o seu 150 aniversario cunha reunión de 1 300 directivos do banco en 22 países e o recibimento da Medalla de Ouro de Cantabria.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.