From Wikipedia, the free encyclopedia
A balea franca austral,[2] Eubalaena australis (Desmoulins, 1822), é unha especie de cetáceo misticeto da familia dos balénidos, descrita en 1822 por Desmoulins como Balaena australis.[3]
Balea franca austral Eubalaena australis | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Eubalaena australis na península Valdés (Arxentina) | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Eubalaena australis (Desmoulins, 1822) | |||||||||||||||||||||||
Distribución de Eubalaena australis | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
É unha das tres especies do xénero Eubalaena, as coñecidas como baleas francas, que anteriormente foron clasificadas como unha soa especie,[4] e que son denominadas así (baleas francas = baleas fáciles de cazar) porque nadan lentamente, son moi confiadas e, cando morren, flotan na auga, o que facilita moito os labores dos baleeiros que as cazaban. Por iso, na nomenclatura internacional, coñécese como balea franca austral.
As proincipais caracetrísticas de Eubalaena australis son as seguintes:[5]
Eubalaena australis é unha especie de distribución circumpolar, rexistrándose a súa presenza polo menos entre os 20º S e os 55º S. Reprodúcense en inverno nas costas do subcontinente suramericano, principalmente nas da Arxentina e do Brasil, aínda que tamén algúns individuos o fan nas de Chile e o Perú, e nas da illa de Tristan da Cunha, sur de África, principalmente nas da República Surafricana, chegando até Mozambique e as costas occidentais de Madagascar, sur de Australia, Tasmania e Nova Zelandia, migrando en verán cara ás augas frías da Antártida,[5][6] onde se encontran principalmente entre as latitudes 40º S e 50º S,[6] aínda que tamén se puideron ver, especialmente nos últimos anos, tan ao sur como nos 65° S,[7] e nos arredores de Xeorxia do Sur.[8]
A Comisión Baleeira Internacional realizou a súa última revisión importante das baleas francas austrais en 1998 (CBI 2001), constatando que, tras o grave esgotamento histórico pola caza comercial, varias subpoboacións reprodutoras (Arxentina, Brasil, Suráfrica e Australia) mostraron evidencias dunha forte recuperación, cun tempo de duplicación de 10-12 anos.[9][10][11]
As outras subpoboacións de cría aínda son moi pequenas, e os datos dispoñíbeis son insuficientes para determinar se se están a recuperar. Calcúlase que el tamaño total da poboación a partir de 1997 era de 7 500 animais (dos cales 1 600 eran femias maduras, incluíndo 547 da Arxentina e 659 de Suráfrica), e as tres principais subpoboacións continuaron aumentando a unha taxa similar desde entón.[12][13]
As capturas ilegais da Unión Soviética (principalmente na década de 1960) inhibiron temporalmente a recuperación, pero en xeral a poboación parece que medrou bastante desde entón.
Parece que hai un intercambio substancial entre os criadeiros do mesmo continente, por exemplo entre a Arxentina e o Brasil,[14] pero a taxa de intercambio é moito menor entre subpoboacións afastadas xeograficamente, por exemplo, entre as de Australia e Nova Zelandia,[15] e entre as da Arxentina e Tristan da Cunha.[16]
Como as outras baleas francas, Eubalaena australis nada lentamente, pero tamén pode facer acrobacias: saltos, golpes na auga coas aletas pectorais e diversos movementos coa aleta caudal, coa que pode facer o pino, axitando a cola perpendicularmente ao vento até 2 minutos utilizándoa como vela de navegación, posto que a manobra fai que seo animal se deslice libremente pola auga. Isto parece que se trata dunha forma de xogo, xa que polo xeal nadan atçé o punto de partida para repetir o deslizamento.[5]
Cando efectúan as inmersións, a cabeza sae moito da auga, mostrando as súas calosidades, e lanzando o típico sopro en "V" das baleas francas, que adoita ter unha altura duns 5 m; despois a cabeza desaparece por debaixo da superficie, e o único que se ve é o dorso ancho, liso, sen aleta dorsal e sen calosidades.[5]
As baleas francas austrais foron cazadas intensamente por baleeiros premodernos a partir de principios do século XVII, pero especialmente nos séculos XVIII e XIX por baleeiros americanos e europeos.
Aínda que non se conservan moitos rexistros, pénsase que o número total de animais capturados entre 1770 e 1900 foron uns 150 000, dos cales entre 48 000 e 60 000 foron tan só na década de 1830.[17]
Cando comezou a caza de baleas moderna, a principios do século XX, a especie xa era moi rara, e as capturas até que as baleas comezaron a estar algo protexidas a partir de 1935 ascenderon a só uns 1 600 exemplares. Sobre 3 000 animais foron capturados ilegalmente polas frotas baleeiras soviéticas na década de 1960.[18]
A poboación hemisférica en 1770 estímase entre 55 000 e 70 000 individuos, e se cre que descendeu até un mínimo de cerca de 300 animais na década de 1920.
A especie probabelmente comezou a recuperarse despois de protección iniciada en 1935, pero as capturas ilegais soviéticas na década de 1960 fixeron que, segundo estimacións, se eliminara á metade da poboación existente neses momentos, e que se atrasara a súa recuperación.[17]
Debido á intensa caza da que foi obxecto, chegou, por tanto, e como a súa conxénere do norte, Eubalaena glacialis, case a extinguirse. No século XIX, a súa poboación se reducira até un 90 %. Pero desde a moratoria de 1986 a poboación da especie experimentou un aumento aproximado do 7 % nos últimos anos (véxase máis arriba), e na actualidade existen aproximadamente 8 000 exemplares.
Para protexer esta especie, en 1984 a Arxentina sancionou a lei 23094 pola que se declaraba Monumento natural a todas as baleas francas austrais que se visualicen nas súa augas xurisdicionais. Tal decisión se fundamentou na imperiosa necesidade de outorgarlle a debida protección a esta especie animal que se reproduce en augas austrais, e que é motivo da práctica do moderno turismo de avistamento de baleas na península Valdés, na Patagonia. Hai un crecente interese na posibilidade de crear un santuario para a preservación desta especie no Atlántico sur.[19]
Nos anos 1990, o status da poboación de Eubalaena australis era considerado como vulnerábel:
Nos últimos tempos a IUCN, dado o tamaño da poboación estimada recente (1 600 femias maduras en 1997 e aproximadamente o duplo deste número en 2007), e o forte incremento da taxa observada nalgunhas partes moi estudadas da área de distribución da especie, a poboación actual, aínda que sendo escasa en relación coa súa riqueza histórica, non se considera ameazada a nivel hemisférico. Estímase que a poboación agora é maior do que era hai tres xeracións (87 anos, supoñendo un tempo de xeración de 29 anos).[20]
Algunhas subpoboacións, en particular as de Chile e o Perú, aínda son moi pequenas e poden necesitar protección especial pata que se restableza. Porén, a UICN cualificou en 2013 o estado global da especie como "LC" (pouco preocupante).[17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.