Balanza
From Wikipedia, the free encyclopedia
Unha balanza[1] é un instrumento usado para medir a masa de obxectos. É unha panca de primeiro grao con brazos iguais que, ao establecer unha situación de equilibrio entre os pesos de dous corpos, permite comparar masas. Na súa forma máis sinxela consta de dúas placas que penduran dunha barra horizontal que se suxeita no seu centro e permanece nivelada cando chega ao equilibrio; o obxecto que se vai pesar colócase nunha das placas e os pesos colócanse na outra ata que a barra se nivela horizontalmente.
As medidas fanse empregando estándares de masa cuxo grao de precisión depende da precisión do instrumento. Igual que nas romanas e a diferenza das básculas ou dos dinamómetros, os resultados das medicións non varían coa magnitude da gravidade.
O rango de medida e precisión dunha balanza pode variar desde varios quilogramos (con precisión de gramos) en escalas industriais e comerciais ata uns gramos (con precisión de miligramos) nas balanzas de laboratorio.