Bakhmut
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Bakhmut (en ucraíno: Бахмут; en ruso, Бахмут) é unha cidade do leste de Ucraína situada no oblast de Donetsk e capital do distrito do mesmo nome.
Бахмут (uk) Bachmut (pl) | |||||||
Nomeado en referencia a | Bakhmutka (en) | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||||
| |||||||
Estado | Ucraína | ||||||
Óblasts | Oblast de Donetsk (pt) | ||||||
Raião da Ucrânia (pt) | Raión de Bakhmut (pt) | ||||||
Hromada (en) | Bakhmut Hromada (en) | ||||||
Capital de | |||||||
Poboación | |||||||
Poboación | 71.094 (2022) (1.708,99 hab./km²) | ||||||
Xeografía | |||||||
Superficie | 41,6 km² | ||||||
Altitude | 200 m | ||||||
Datos históricos | |||||||
Creación | 1571 | ||||||
Evento clave
| |||||||
Identificador descritivo | |||||||
Código postal | 84500–84510 | ||||||
Fuso horario | |||||||
Páxina web | artemrada.gov.ua |
A cidade foi coñecida como Artemivsk (en ucraíno: Артемівськ) ou Artyomovsk (en ruso: Артёмовск) de 1924 a 2016,[1] pero o goberno ucraíno renomeouna como Bakhmut en 2016 como parte da descomunización.[2][3] Isto non foi recoñecido polo goberno ruso que inclúe a cidade como parte da República Popular de Donetsk e fomenta que as fontes rusas denominen a cidade como Artyomovsk.[4][5]
Bakhmut e o seu distrito, especialmente a cidade de Soledar, eran particularmente activos na industria alimentaria pois na cidade existía establecementos para a elaboración de licores e viños mentres que preto de Soledar hai un importante depósito salino utilizado polo menos desde 1881 que convertía, antes da invasión rusa de 2022, á cidade no centro da industria de sal de Ucraína e nun cruzamento ferroviario.
Durante a invasión rusa de Ucraína de 2022, Bakhmut foi asediada polas forzas rusas e en gran parte destruída[6], coa maior parte da súa poboación fuxida.[7] A partir de marzo de 2023, as forzas ucraínas seguen co control parcial da cidade, que é un epicentro de feroces loitas, mentres as forzas rusas procuran tomar o control.[8]
Non se coñece con certeza a orixe do nome Bakhmut. Segundo unha teoría do historiador de Khárkiv Igor Rassokhaa, a palabra pode vir dunha palabra turca/tátara que significa "auga salgada" ou "praia".[9] A cidade mudou en varias ocasións de nome:
Bakhmut atópase na parte nordeste da provincia de Donetsk nas alturas de Donet e está atravesado polo río Bachmutka, un afluente do río Donéts, e a serra Kamenuvatyj. Atópase a 89 km da capital do óblast, Donetsk.
Segundo o censo ucraíno de 2001, a poboación da cidade era de 83.146 habitantes, dos cales o 27,61% tiñan o ucraíno como lingua materna, o 71,07% o ruso, o 0,19% o armenio, o 0,15% romaní, o 0,10% beloruso, o 0,03% moldavo, o 0,01% o búlgaro e grego, así como alemán, gagauzo, polaco, romanés, húngaro e xudeu.[10][11]
Composición nacional e idioma nativo da poboación de Bakhmut.
Distribución da poboación permanente por nacionalidades máis numerosas | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
N | Orixe étnica |
Número | (%) | Lingua materna (%) |
Lingua ucraína (%) |
Lingua rusa (%) |
1 | Ucraínos | 78 993 | 69,42 | 49,1 | — | 50,8 |
2 | Rusos | 31 301 | 27,51 | 96,7 | 3,2 | — |
3 | Belarusos | 705 | 0,62 | 15 | 9,2 | 75,6 |
4 | Armenios | 396 | 0,35 | 48,7 | 1,3 | 49,7 |
5 | Xitanos | 263 | 0,23 | 57,8 | 9,5 | 30,4 |
6 | Xudeus | 224 | 0,20 | 0,4 | 5,4 | 92,4 |
113.785 | 100 |
A partir do 1 de xuño de 2017, a poboación de Bakhmut era de 75.900 habitantes, a maioría de ucraínos étnicos.[12]
A primeira mención da cidade remóntase a 1571 cando aquí se creou un posto de garda do Reino Ruso, aínda que é probable que a zona xa estivese habitada.
Durante o século XVII foi mellorado como fortaleza rusa contra as incursións dos tártaros de Crimea e en 1701, no reinado de Pedro I, estableceuse a primeira mina de sal; porén, sete anos despois, a cidade foi destruída durante a rebelión de Bulavin.[1] Entre 1753 e 1764 foi a capital de Eslavo-Serbia. En 1783 recibiu o título de cidade.
En 1924 a cidade pasou a chamarse Artemivsk, en homenaxe ao revolucionario Fiódor Andreevič Sergeev, máis coñecido co nome de guerra Artyom, e converteuse na capital da gobernación de Donetsk .
Durante a segunda guerra mundial, Artemivsk foi protagonista en 1942 dun masacre de soldados nazis; volveu ás mans da Unión Soviética en 1943.
Durante a Guerra do Donbass a cidade estivo brevemente controlada pola milicia da República Popular de Donetsk ata o 7 de xullo de 2014, día no que o exército ucraíno reclamou a súa liberación; posteriormente en 2016 no ámbito da descomunización do país resumiu o topónimo orixinal de Bachmut.
Durante a invasión rusa de Ucraína en 2022, a cidade converteuse nun obxectivo principal do exército ruso.[13]
Desde 1951, a adega europea Bakhmut está situada na cidade. A mina de sal de Artemsil está situada no suburbio de Soledar, que contén a sala subterránea máis grande do mundo. É o suficientemente grande como para que un globo aerostático flotase no seu interior, xa se tocaron sinfonías antes e celebráronse dous partidos de fútbol profesional ao mesmo tempo.
A cidade está servida por catro estacións de ferrocarril: Bachmut, Bachmut I e Maloilyšivs'ka para o servizo de pasaxeiros e Stupky para o transporte de mercadorías.
A rede de transporte público local está formada por unha rede de trolebuses de oito liñas e algunhas liñas de autobuses urbanos xestionadas pola empresa municipal Bachmutelektrotrans.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.