Baix Llobregat
comarca na provincia de Barcelona / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Baix Llobregat (en galego: Baixo Llobregat) é unha comarca que se atopa na provincia de Barcelona, en Cataluña. É a terceira comarca máis poboada con 781.749 habitantes (cifra do 2008, só superada polas do Barcelonès e o Vallès Occidental) e unha superficie de 486,5 km². A capital da comarca é Sant Feliu de Llobregat, aínda que hai diversas cidades importantes e maiores, especialmente no delta do Llobregat e que forman parte da Área metropolitana de Barcelona.
Datos rápidos Localización, Capital ...
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cataluña | ||||
Provincia | provincia de Barcelona | ||||
Ámbito funcional territorial | Ámbito metropolitano de Barcelona | ||||
Capital | Sant Feliu de Llobregat | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 825.963 (2019) (1.699,51 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 486 km² | ||||
Bañado por | Río Llobregat | ||||
Comparte fronteira con | |||||
PIB nominal | 22.731.900.000 € (2014) | ||||
PIB per cápita | 28.500 € (2014) | ||||
Código territorial IDESCAT | 11 | ||||
Pechar
Limita ao norte co Bages, ao leste co Vallès Occidental, ao sueste co Barcelonès, ao sur co mar Mediterráneo, ao suroeste co Garraf, ao oeste co Alt Penedès e ao noroeste con Anoia.