Baekhyun
cantante surcoreano / From Wikipedia, the free encyclopedia
Byun Baek-hyun, nado en Bucheon, Corea do Sur, o 6 de maio de 1992, máis coñecido coma Baekhyun (백현), é un cantante, bailarín e actor surcoreano. Debutou en 2012 no grupo surcoreano EXO, dentro da subunidade EXO-K xunto a outros 5 membros e máis tarde en EXO-CBX, xunto a Chen e Xiumin. Tamén é o líder do grupo colaboración SuperM. [1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (ko) 변백현 6 de maio de 1992 (32 anos) Wonmi-gu, Corea do Sur (en) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Corea do Sur |
Educación | Universidade Kyung Hee (pt) |
Altura | 1,74 m |
Actividade | |
Ocupación | cantante , actor de televisión , cantautor , compositor de cancións , bailarín , modelo , deseñador de moda , actor , artista discográfico |
Período de actividade | 2012 - |
Membro de | |
Xénero artístico | K-pop, R&B contemporáneo, música pop, balada e sentimental ballad (en) |
Lingua | Lingua coreana e lingua xaponesa |
Tesitura | Tenor |
Instrumento | Voz |
Selo discográfico | SM Entertainment Avex trax Capitol Records |
Páxina web | baekhyun.smtown.com |
Tras participar co seu grupo de xeito activo, Baekhyun debutou coma artista en solitario co lanzamento do miniálbum City Lights (2019). O EP foi un éxito comercial, vendendo un total de máis de medio millón de copias e converténdose no álbum dun artista surcoreano máis vendido na década de 2010. Delight (2020), foi o seu segundo EP, co que vendeu máis dun millón de copias, converténdose no primeiro disco dun solista surcoreano en facelo en 19 anos. En abril de 2021 repetiu o seu logro con Bambi, vendendo máis dun millón de copias por segunda vez consecutiva.[2] Foi catalogado coma o «Ídolo xenio». [3]