Bactriana
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Bactriana, ou Bactria, é unha antiga rexión da Asia Central, situada hoxe no noroeste de Afganistán; o adxectivo bactriano, "habitante ou nativo de Bactria", úsase desde o século XIV, en concreto aplicado a unha especie de camelo, o camelo bactriano. O nome Bactria úase desde 1600, e deriva do latín Bactria, voz tomada do lingua persa, que significa literalmente "a provincia occidental", do persa bakhtar, "o oeste".[1]
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Capital | Balkh (pt) | |||
Bactria atopábase ao norte da cordilleira do Hindu Kush e ao sur do río Amu Daria, e abranguía a rexión chá que se encontra nos actuais Afganistán, Taxiquistán e Uzbekistán. De xeito máis amplo Bactria era a zona ao norte do Hindu Kush, ao oeste da cordilleira do Pamir e ao sur das montañas de Tian Shan, no Xinjiang, ao noroeste da actual China.
A Bactriana limitaba polo leste coa antiga rexión de Gandhara no Subcontinente indio, ao oeste con Dranxiana e Hircania e ao norte coa Transoxiana, a Sogdiana e a extensísima Escitia (Extra Imaus), ao sur limitaba con Aracosia.
Entre outros territorios, a Bactriana incluía aos da Guriana, a Bubacena, a Parapamisade e o chamado "país dos marucenos". O idioma clásico da Bactriana era unha lingua indoeuropea da subfamilia indoirania, o idioma bactriano.
A dos bactrianos é unha das liñas hereditarias dos modernos taxikos, así como posibelmente dos paxtos. Algúns historiadores cren que o nome moderno de «taxiko» orixinouse de Ta-Hia ou Daxia, nome chinés antigo da rexión (en chinés medieval pronunciábase /datguea/). Pola súa parte, os antigos indios denominábana Bahlika.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.