![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2e/BMW_Z3_1.9L_1998.jpg/640px-BMW_Z3_1.9L_1998.jpg&w=640&q=50)
BMW Z3
From Wikipedia, the free encyclopedia
O BMW Z3 e un automóbil deportivo fabricado por BMW entre os anos 1996 e 2002. Trátase dun bipraza de motor dianteiro lonxitudinal e tracción traseira, con dúas posibles configuracións de carrocería: convertible de teito de lona ("Z3 Roadster") e pechado de teito rixido ("Z3 Coupé"). A versión roadster foi a primeira en saír ao mercado e polo tanto a de maior éxito comercial xa que estivo en produción durante máis tempo que a versión Coupe, que apareceu nos dous últimos anos de produción. Fabricaronse arredor das 220.000 unidades da versión Roadster fronte a unhas escasas 11.000 unidades da versión Coupe. Aínda que cun lapso de tempo duns 5 anos este vehiculo e o sucesor do BMW Z1, co que a marca bávara inagurou a súa serie Z (Zukunft palabra alemá para futuro). O igual que o Z1 o concepto deste deportivo biplaza inspírase no BMW 507 de 1955-58, deseñado polo conde Albrecht Goertz, que é considerado por moitos coma un dos automóbiles máis fermosos da historia. A súa presentación ao público tivo lugar cunha breve aparicion na película GoldenEye de James Bond. As patentes de deseño foron presentadas o 2 de abril de 1994 en Alemaña e o 27 de setembro do mesmo ano nos Estados Unidos.
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde abril de 2013.) |
![]() | Este artigo ou apartado contén afirmacións non neutrais e/ou texto que promociona o tema tratado de forma subxectiva sen achegar información neutral e verificable. Por favor, axude mellorando este artigo. |
![]() | Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
BMW Z3 | |
![]() | |
Fabricante | BMW |
País | ![]() |
Deseño | Joji Nagashima |
Período | 1996-2002 |
Configuración | |
Tipo | Automóbil deportivo |
Segmento | Segmento S |
Carrozaría | Cupé de 2 portas Roadster de 2 portas |
Configuración | Motor dianteiro lonxitudinal, tracción traseira |
Dimensións | |
Lonxitude | 4025 mm |
Anchura | 1692 mm |
Altura | 1293 – 1306 mm |
Distancia eixes | 2446 mm |
Peso | 1160 – 1400 kg |
Modelos relacionados | |
Antecesor | BMW Z1 |
Sucesor | BMW Z4 |
A súa ensamblaxe faciase na planta que BMW ten na localidade de Greer, Carolina do Sur, Estados Unidos (BMW US Mfg. Comp.).