BBC Radio
From Wikipedia, the free encyclopedia
BBC Radio é un grupo radiofónico, pertencente á British Broadcasting Corporation que opera no Reino Unido baixo os termos dunha Carta Real desde 1927.[1] O servizo ofrece emisoras de radio nacionais que cobren a maioría dos xéneros musicais, así como emisoras de radio locais que emiten noticias locais.[2]
BBC Radio | |
Empresa | British Broadcasting Corporation |
Fundada | 1927 |
Sede | Londres, Reino Unido |
Páxina web | bbc.co.uk/radio |
As emisoras nacionais, BBC Radio 1, 2, 3, 4 e 5 Live están todas dispoñibles a través do servizo analóxico así como dixital e por Internet en sitios como RealMedia, WMA e BBC iPlayer. O resto das estacións radiofónicas BBC Radio 1Xtra, 4 Extra, 5 Live Sports Extra e 6 Music, só emiten a través de plataformas dixitais.