gobernante de Palenque From Wikipedia, the free encyclopedia
B'utz Aj Sak Chiik, nado o 15 de novembro de 459 e finado en 501, foi un ahau maia que gobernou a cidade estado de Palenque. É tamén referido como Manik (Man) ou simplemente Sak Chik. Propuxéronse as traducións de Calandria Fumarenta.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 459 (Gregoriano) |
Morte | 501 (41/42 anos) |
3º Ajaw de Palenque | |
28 de xullo de 487 – 501 ← Casper (gobernante maia) – Ahkal Mo' Nahb I → | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobos maias |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Irmáns | Ahkal Mo' Nahb I |
Naceu o 9.1.4.5.0 12 ajau 13 zac da conta longa do calendario maia, é dicir, o 14 de novembro de 459. Foi entronizado o 9.2.12.6.18 3 etz'nab 11 xul, é dicir, o 28 de xullo de 487, e gobernou até o ano 501.[2]
Non se descubriron taboleiros que representen en altorrelevo a silueta deste gobernante, mais o seu nome aparece no taboleiro do Templo da Cruz e no taboleiro do Templo XVII.[3] É probable que o seu sucesor, Ahkal Mo' Nahb I, sexa o seu irmán.[4]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.