Azurita
From Wikipedia, the free encyclopedia
A azurita, tamén malaquita azul (nos séculos XIX e XII tamén chamada chesilita por Chessy-les-Mines, Ródano, preto de Lión) é un mineral da clase dos carbonatos cuxa fórmula química é Cu3(CO3)2(OH)2 (contén un 69,2% de cobre, un 25,6% de CO2 e un 5,2% de auga).[1]
Datos rápidos Fórmula química, Clase ...
Azurita | |
---|---|
Azurita | |
Fórmula química | Cu3(CO3)2(OH)2 |
Clase | Carbonatos |
Sistema cristalino | Monoclínico |
Cor | Azul |
Brillo | De vítreo a terroso |
Dureza | 3,5-4 |
Fractura | Concoidea |
Exfoliación | Perfecta |
Raia | Azul |
Densidade | 3,7-3,9 g/cm3 |
Pechar
Coñécese dende tempos antigos e mencionouse na Historia natural de Plinio o Vello baixo o nome grego de kuanos (κυανός: "azul profundo", raíz da cor ciano) e o nome latino caeruleum.[2]