Azotobacteráceas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A familia das bacterias azotobacteráceas (Azotobacteraceae) comprende dous xéneros de bacterias aerobioas diazótrofas chamados Azomonas e Azotobacter, que se caracterizan pola súa capacidade de formar quistes. A familia tamén se caracteriza pola súa forma variable; a forma típica é ovoide, pero moitas son pleomórficas. Se dispoñen de suficiente cantidade de molibdeno (Mo), as Azotobacteraceae poden fixar polo menos 10 mg de nitróxeno molecular por gramo de carbohidrato consumido baixo condicións aerobias. Igual que a maioría das Pseudomonadaceae, as Azotobacteraceae poden utilizar unha ampla variedade de fontes de carbono, incluíndo a sacarosa.[1]
Non confundir con Acetobacteráceas.
Máis información Pseudomonadaceae, Clasificación científica ...
Pseudomonadaceae | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Xéneros | |||||||||||
Pechar