![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/67/Indian_hog_deer.jpg/640px-Indian_hog_deer.jpg&w=640&q=50)
Axis porcinus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Axis porcinus (nalgunhas clasificacións Hyelaphus porcinus) é unha especie de pequeno cérvido nativo da rexión do subcontinente indio e chaira indo-ganxética e partes do sueste asiático. En Australia viven poboacións que foron introducidas,[2][3] así como nos Estados Unidos (en Texas, Hawai e Florida) e Sri Lanka.[1]
Máis información Axis porcinus, Estado de conservación ...
Axis porcinus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Exemplar no Santuario de Vida Salvaxe de Phu Khieo, Tailandia | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
![]() En perigo[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
![]() Área de distribución en verde | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
Hyelaphus porcinus (Zimmermann, 1780) |
Pechar
O seu nome específico (porcinus) fai referencia aos porcos e deriva da súa maneira de correr polos bosques parecida á dos porcos (coa cabeza colgando baixa), para poder esquivar máis facilmente obstáculos en lugar de saltar sobre eles como farían outros cervos. Nalgúns países chámanlle cervo porco ou similar.