From Wikipedia, the free encyclopedia
A Axencia Europea de Medicamentos ou Axencia Europea do Medicamento (acrónimos: AEM e EMA, anteriormente EMEA) é un organismo descentralizado da Unión Europea creado en 1995.[1]
Axencia Europea do Medicamento | |
---|---|
Acrónimo | AEM e EMA |
Tipo | decentralised agency of the European Union e axencia reguladora |
Área de operación | Unión Europea |
Data de fundación | 1995 |
Nº de empregados | 894 (2020) |
Sede | Ámsterdam e Londres |
Enderezo | Domenico Scarlattilaan 6, 1083 HS Amsterdam |
País | Países Baixos |
Na rede | |
https://www.ema.europa.eu/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ten a total responsabilidade do seguimento científico, avaliación, supervisión e seguridade de todas as substancias e medicamentos desenvolvidos polos laboratorios farmacéuticos para o seu uso en Europa.[1]
Pretende informar á Comisión Europea cando os medicamentos de uso humano e veterinario están listos para ser introducidos no mercado, controlando aspectos como os efectos secundarios indesexables e formulando ditames científicos e patentes.
Como consecuencia da saída do Reino Unido da Unión Europea, decidiuse trasladar a sede de Londres a Ámsterdam, nos Países Baixos, que se fixo efectivo en 2019.[2]
Cada Estado membro da UE está representado por unha autoridade local (en Portugal é Infarmed, en España a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios) que supervisa e autoriza os medicamentos e autoriza, por exemplo, as farmacias online (no Estado español coordenado por distafarma).
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.