Avram Hershko
biólogo húngaro xudeu nacionalizado israelí. From Wikipedia, the free encyclopedia
biólogo húngaro xudeu nacionalizado israelí. From Wikipedia, the free encyclopedia
Avram Hershko (en húngaro: Herskó Ferenc), nado o 31 de decembro de 1937 en Karcag, Hungría, é un biólogo húngaro xudeu nacionalizado israelí. En 2004 foi galardoado co Premio Nobel de Química polo descubrimento da degradación proteínica causada pola ubiquitina.
Nado en Hungría, en 1950 emigrou coa súa familia a Israel. Graduouse en medicina en 1965 e doutorouse en bioloxía en 1969 na Facultade de Medicina Hassadah da Universidade Hebrea de Xerusalén.
Entre 1965 e 1967 foi membro das Forzas de Defensa Israelitas, onde desenvolveu tarefas de físico.
Actualmente é profesor distinguido no Rappaport Family Institute for Research in Medical Sciences do Technion (o Instituto Israelí de Tecnoloxía), en Haifa, e profesor adxunto de patoloxía na Universidade de Nova York.
Interesado na degradación proteínica, xunto a Aaron Ciechanover no seu laboratorio de investigación do Technion e en colaboración co estadounidense Irwin Rose, observou como esta degradación era regulada pola ubiquitina, unha pequena proteína que aparece de forma natural nas células eucariotas. Por este descubrimento, en 2004 foron galardoados Avram Hershko e Irwin Rose co Premio Nobel de Química.
Predecesor: Roderick MacKinnon, Peter Agre |
Premio Nobel de Química 2004 con Irwin Rose e Aaron Ciechanover |
Sucesor: Robert H. Grubbs, Richard R. Schrock e Yves Chauvin |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.