músico sueco From Wikipedia, the free encyclopedia
Tim Bergling, nado en Estocolmo o 8 de setembro de 1989 e finado en Omán o 20 de abril de 2018,[1] foi un DJ e produtor musical sueco, coñecido polo seu nome artístico Avicii (estilizado como ΛVICII ou ◢ ◤).[2] Ficou no posto 6 na clasificación anual dos 100 mellores DJ, segundo a revista DJ Magazine de 2011.[3] En 2012 acadou o posto 3, que repetiu en 2013.[4] Foi nomeado dúas veces ós premios Grammy polo tema "Sunshine" que fixo con David Guetta en 2012 [5] e no 2013 por "Levels". Algunhas das súas cancións con máis sona son "Waiting for Love", "I Could Be the One" con Nicky Romero, "Wake Me Up", "You Make Me", "X You", "Hey Brother" e "Addicted to You" .
Nome orixinal | (sv) Tim Bergling |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (sv) Tim Lidén 8 de setembro de 1989 Estocolmo, Suecia |
Morte | 20 de abril de 2018 (28 anos) Mascate, Omán |
Causa da morte | suicidio |
Lugar de sepultura | Igreja Hedvig Eleonora (pt) |
Outros nomes | Avicii Jovicii Tom Hangs Tim Berg Timberman |
Educación | Östra Real (mul) |
Actividade | |
Campo de traballo | Música, música dance electrónica, house e música para bailar |
Ocupación | músico, produtor musical, remesturador, disc-jóckey, cantante |
Período de actividade | 2006 - 2018 |
Xénero artístico | Música dance electrónica, house progresivo e electro house |
Influencias | |
Instrumento | Teclado, guitarra, piano, sintetizador, FL Studio e Logic Pro |
Selo discográfico | Universal Music Group EMI Ministry of Sound Island Records Geffen Records Vicious Vinyl (en) |
Obra | |
Obras destacables | |
Familia | |
Parella | Emily Goldberg (2011–2013) |
Pais | Klas Bergling e Anki Lidén |
Irmáns | Anton Korberg Linda Bergling |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Páxina web | avicii.com |
|
Tim Bergling naceu en Estocolmo o 8 de setembro de 1989. En maio de 2007, Avicii asinou co selo Dejfitts Plays.[6] En 2010, Avicii lanzou a canción "Seek Bromance", que acadou o top 20 en países como Bélxica, Francia, os Países Baixos, o Reino Unido e Suecia. Tamén fixo un remix do sinxelo "Rapture" de Nadia Ali para o álbum Queen of Clubs Trilogy: Onyx Edition. En outubro de 2010, Avicii asinou co equipo European A&R de EMI Music Publishing.
Bergling finou aos 28 anos o 20 de abril de 2018 en Mascate, onde se atopaba de vacacións.[7] Inicialmente non se revelou a causa do falecemento.[8][9][10] O 21 de abril, a policía declarou que non había sospeitas dunha morte violenta.[7][11] Posteriormente, o xornal dixital TMZ revelou que Bergling suicidárase cortando as veas cun cristal roto dunha botella.[12][13]
O 22 de maio, a familia de Bergling anunciou que o funeral celebraríase na máis estrita intimidade.[14] O acto tivo lugar o 8 de xuño no cemiterio de Skogskyrkogården en Estocolmo.[15] Está sepultado na igrexa Hedvig Eleonora.[16][17]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.