![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/6/64/Austroplatypus_incompertus_female.jpg/640px-Austroplatypus_incompertus_female.jpg&w=640&q=50)
Austroplatypus incompertus
From Wikipedia, the free encyclopedia
Austroplatypus incompertus é unha especie de escaravello da ambrosía pertencente á familia Curculionidae (os gurgullos), nativa de Australia, cunha distribución verificada en Nova Gales do Sur e Victoria.[1] Forma colonias na cerna do tronco de Eucalyptus e é o primeiro escaravello que se recoñeceu que é un insecto eusocial.[2][3] Considérase eusocial porque os grupos que forma conteñen unha soa femia fertilizada que é protexida e coidada por un pequeno número de femias non fertilizadas que tamén fan a maior parte do traballo.[4] A especie probablemente lles cede fungos cultivados a outros gurgullos.[5]
Máis información Austroplatypus incompertus, Clasificación científica ...
Austroplatypus incompertus | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
|
Pechar