ilustrador francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Augustin de Saint-Aubin, nado o 3 de xaneiro de 1736 en París e finado na mesma cidade o 9 de novembro de 1807, foi un ilustrador e gravador francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xaneiro de 1736 París, Francia |
Morte | 9 de novembro de 1807 (71 anos) París, Francia |
Pintor de cámara | |
Actividade | |
Campo de traballo | Metal engraving (en) e ilustración |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | ilustrador, debuxante, gravador, artista gráfico, pintor, artista visual |
Membro de | |
Xénero artístico | Retrato |
Profesores | Étienne Fessard (pt) |
Alumnos | Sergent-Marceau (pt) e Nicolas Dupin (pt) |
Familia | |
Irmáns | Louis-Michel de Saint-Aubin |
Descrito pola fonte | Biblioteca dixital BEIC Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron |
Fillo de Gabriel-Germain de Saint-Aubin (1696-1756), bordador da corte real, tamén os seus irmáns Gabriel-Jacques de Saint-Aubin, Charles-Germain de Saint-Aubin e Louis-Michel de Saint-Aubin foron igualmente respectados artistas.
Aprendeu gravado co seu irmán e logo estudou con Etienne Fessard, Nicolas-Henri Tardieu[1] e Laurent Cars. Realizou múltiples ilustracións para o Journal de musique de M. Lagarde, para representacións de teatro, catálogos de venda, libros ou mesmo o gabinete de historia natural do duque de Chevreuse. Foi un artista moi prolífico, con arredor de 3000 obras [2], moitos retratos debuxados; dos seus gravados salientan os baseados en retratos de Charles-Nicolas Cochin o Novo.
Entrou na Real Academia de Pintura en 1775. En 1777 [3] recibiu o nomeamento de gravador do rei e da súa biblioteca.
Seguindo os criterios da Asemblea Nacional, con Pierre-Joseph Lorthior e Nicolas-Marie Gatteaux realizou as emisións de asignados de 200, 300 e 1000 libras creados polas leis do 16 e 17 de abril de 1790.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.