O Club Atlético de Madrid Femenino, coñecido habitualmente como Atlético ou Atleti, é a sección de fútbol feminino do Club Atlético de Madrid, equipo da cidade de Madrid. Foi fundado en 2001 e actualmente xoga na Primeira división.[1] Ten no seu palmarés catro Ligas e unha Copa da Raíña.

Datos rápidos Atlético de Madrid Femenino, Nome ...
Atlético de Madrid Femenino
NomeClub Atlético de Madrid Femenino
Alcume(s)Colchoeiras
Fundación2001
EstadioCerro del Espino,
España Majadahonda (Madrid)
Inauguración2 de outubro de 1966
Capacidade8.000
PresidenteEspaña Enrique Cerezo
AdestradorEspaña José Luis Sánchez Vera
LigaPrimeira División
2023/243.º
Na rede
https://www.atleticodemadrid.com/atm/femenino
Youtube: UC8VpeNHDdsyGMxObbn0hVkw Editar o valor en Wikidata
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Titular
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Alternativo
Thumb
Thumb
Thumb
Thumb
Terceiro
Pechar

A día de hoxe, o Atlético Femenino é, xunto con Rayo, Barcelona, Athletic, Espanyol e Levante, un dos equipos de referencia no fútbol feminino español e ostenta o récord mundial de asistencia a un partido de clubs feminino.[2] Xogadoras do primeiro equipo e das categorías inferiores son convocadas habitualmente polas seleccións correspondentes.

Estadio

O Club Atlético de Madrid Feminino xoga de local no Estadio Cerro del Espino, un recinto deportivo con capacidade para 3.376 espectadores, que forma parte da Cidade Deportiva de Majadahonda. Este recinto está situado no municipio de Majadahonda. En decembro de 2018, Miguel Ángel Gil Marín anunciou que para a tempada 2019-20 estaba previsto que o equipo empezase a xogar na Cidade Deportiva que o club está a construír en Alcalá de Henares.[3]

Na tempada 2016/17 o equipo xogou dous partidos no Estadio Vicente Calderón. Nas tempadas 2017/18 e 2018/19 xogou un partido no Wanda Metropolitano respectivamente.

Afección

Thumb
Partido entre o Atlético e o Barça, o 17 de marzo de 2019.

O equipo ostenta o récord de asistencia a un partido de clubs de fútbol feminino desde o 17 de marzo de 2019, con máis de 60.000 espectadores. Tamén foi partícipe do segundo partido con máis asistencia de clubs femininos como visitante, logrado en xaneiro de 2019 nos cuartos de final da Copa da Raíña en San Mamés, con preto de 50.000 espectadores. Como local superou os 20.000 espectadores nunha ocasión máis e os 10.000 espectadores outras dúas veces.

O 18 de setembro de 2018 fundouse pena "Las Colchoneras", a primeira do club dedicada á sección feminina.[4][5]

Datos do club

  • Tempadas en : 16
  • Tempadas en : 3
  • Tempadas en Preferente: 1
  • Tempadas en 1ª Rexional: 1
  • Participacións na Copa da Raíña: 10
  • Participacións na Liga de Campións da UEFA: 1

Palmarés

Torneos estatais

Torneos amigables

  • Trofeo Carranza (1): 2002
  • Torneo Benéfico "Mete un Gol a la Porfiria" (1): 2017
  • Torneo COTIF (1): 2017
  • Copa Dimayor-LaLiga Women (1): 2018
  • Torneo de Amistad La Línea-Gibraltar (1): 2018

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.