From Wikipedia, the free encyclopedia
O Atlas XH-1 Alpha foi un prototipo de helicóptero de ataque fabricado pola compañía Atlas Aviation Corporation (no presente Denel Aviation) de Suráfrica usado como desmostrador de concepto para o entón planeado proxecto Rooivalk.
Atlas XH-1 Alpha | |
---|---|
Tipo | prototipo |
Fabricante | Atlas Aviation Corporation, Denel Aviation |
Primeiro voo | 3 de febreiro de 1985 |
Unidades construídas | 1 |
O XH-1 Alpha foi desenvolvido a partir da célula dun Aérospatiale Alouette III, mantendo o seu motor e os compoñentes dinámicos, pero substituíndo a cabina orixinal por unha cabina en tándem, engadíndolle un canón de 20 mm baixo o morro e convertendo o tren de aterraxe nun con configuración de triciclo.
O XH-1 voou por vez primeira o 3 de febreiro de 1985,[1] e ao pouco tempo embarcouse nun rigoroso programa de probas para examinar a viabilidade dun helicóptero de ataque dedicado para as condicións durafricanas. Os resultados finalmente foron o suficientemente bos como para convencer a Atlas e á Forza Aérea de Suráfrica de seguir adiante co desenvolvemento dun halicóptero de ataque dedicado, o Denel Rooivalk.
O XH-1 e o Rooivalk son aparellos completamente diferentes e non comparten compoñentes. O Rooivalk foi desenvolvido a partir do prototipo XH-2 posterior.
O único XH-1 foi retirado nalgún momento a finais da década de 1980 e levado ao museo da Forza Aérea surafricana onde se atopa a día de hoxe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.