![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/Stachledraht_DDos_Attack.svg/langgl-640px-Stachledraht_DDos_Attack.svg.png&w=640&q=50)
Ataque de denegación de servizo
From Wikipedia, the free encyclopedia
Un ataque de denegación de servizo coñecido en inglés como DoS Attack (acrónimo de denial-of-service), é un intento de facer que os recursos dun sistema non estean dispoñibles para os seus usuarios. Os obxectivos típicos son os servidores web, e o ataque busca que as páxinas aloxadas non estean dispoñibles na rede. Non se trata dunha invasión do sistema, senón da súa invalidación por sobrecarga. Os ataques de denegación de servizo realízanse xeralmente de dúas formas:
- forzar o sistema vítima a reiniciar ou consumir todos os recursos (como a memoria ou o procesamento, por exemplo) para que xa non poida prestar o seu servizo;
- obstruír os medios de comunicación entre os usuarios e o sistema vítima para que non poidan comunicarse correctamente.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/Stachledraht_DDos_Attack.svg/640px-Stachledraht_DDos_Attack.svg.png)