Satélite artificial francés From Wikipedia, the free encyclopedia
Astérix, tamén denominado A-1, foi o primeiro satélite artificial francés, convertendo a Francia no terceiro país en lanzar un satélite cun vehículo lanzador propio. O satélite foi lanzado o 26 de novembro de 1965 ás 15:47[4] desde o polígono de Hammaguir, en Alxeria, mediante un foguete Diamant A.[1][2][3][6]
Astérix (A-1) | |
---|---|
Tipo | Experimental. |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 26 de novembro de 1965[1][2][3][4] |
Foguete portador | Diamant A[2][5][6] |
Sitio de lanzamento | Hammaguir[2] |
Obxectivo da misión | Experimental.[2][5] |
NSSDC ID | 1965-096A |
Masa | 42 kg[2][5][7] |
Dimensións | 0,53 m de diámetro[2] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7468,0 km[1] |
Inclinación | 34,3 graos[1] |
Apoapse | 1663 km[1] |
Periapse | 531 km[1] |
Astérix ten forma de dobre cono, cun diámetro máximo de 0,53 metros, e a súa función era comprobar o rendemento e o comportamento do foguete durante o lanzamento. Como misión secundaria, usaríase para facer medicións da ionosfera, pero debido a un problema coas antenas non se recibiu telemetría do satélite nin se puideron levar a cabo as medicións ionosféricas.[2][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.