O asturcón ou poni asturiano é unha raza de cabalo rústico e de pequeno tamaño de orixe asturiano. Son pequenos animais cunha alzada media de 1,20 m.

Máis información Estado de conservación, Clasificación científica ...
Asturcón

Asturcón no monte.
Estado de conservación
Domesticado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Subclase: Theria
Infraclase: Eutheria
Orde: Perissodactyla
Familia: Equidae
Xénero: Equus
Especie: 'Equus ferus'
Subespecie: E. f. caballus
Nome trinomial
Equus ferus caballus
Linnaeus, 1758
Orixe da raza
Orixe da raza

Orixe da raza
Pechar

Forma parte das razas que habitan dende a antigüidade os territorios montañosos da Cordilleira Cantábrica. Nestas razas cántabro-pirenaicas distínguense polo menos seis subtipos: o garrano de Portugal, o cabalo galaico en Galicia, o asturcón en Asturias, o monchino en Cantabria, o losino no norte de Burgos e Palencia e o pottoka do histórico País Vasco.

Historia

Os ástures empregáronos como animais de monta e tiro, e nalgúns casos puideron ser usados con fins alimenticios ou de sacrificio, como así se constatou nos restos atopados nas escavacións arqueolóxicas do castro de Noega en Xixón (Asturias). Os romanos apreciaron as súas características e utilizáronos nas minas.

O asturcón estivo a piques de perecer polo avance do industrialismo. Hoxe en día, os últimos asturcóns viven na Serra do Sueve, no oriente asturiano, entre os concellos de Parres, Piloña, Caravia e Colunga, e están protexidos polo ACAS.

Véxase tamén

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.