From Wikipedia, the free encyclopedia
Asteroideae é unha subfamilia de anxiospermas pertencente á familia Asteraceae.
Asteroideae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cosmos bipinnatus Tribo: Coreopsideae | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Tribos | |||||||||||||
Ver texto. |
Son herbas ou arbustos, máis raramente árbores, ás veces epífitas ou acuáticas, perennes ou anuais. As follas son alternas ou opostas, enteiras pero ás veces moi divididas e nunca espinosas. Os capítulos son homos ou heterógamos, con receptáculos anudados ou paleáceos. As flores, en número de 1 a moitas, todas flosculadas ou as centrais flosculadas e as periféricas liguladas, ou moi raramente todas liguladas ou coas externas bilabiadas. As cipselas, glabras ou peludas, teñen ou non papo e, cando están presentes, está composta por escamas ou cerdas, ou poden ter forma de coroa ou ser heteromórficas.[1]
Con 1135 xéneros e máis de 16.000 especies, esta é a subfamilia con maior riqueza das Compuestas. Os seus membros, de distribución cosmopolita, non presentan látex, os capítulos son heterógamos, con flores tubulosas con lóbulos inconspicuos e flores liguladas frecuentemente con tres lóbulos. As áreas estigmáticas atópanse dispostas en dúas candas marxinais. Os xéneros con maior riqueza de especies son Senecio (1000), Eupatorium sensu lato (1200, 40 en sentido estrito), Helichrysum (600), Artemisia (550), Mikania (430), Baccharis (400), Verbesina (300), Ageratina (290), Bidens (235), Stevia (235), Anthemis (210), Erigeron (200), Pentacalia (200), Aster (180), Viguiera (180), Chromolaena (165), Gnaphalium (150), Solidago (150), Tanacetum (150), Olearia (130), Seriphidium (130), Ligularia (125), Achillea (115), Coreopsis (115), Anaphalis (110), Brickellia (110), Calea (110), Blumea (100), Koanophyllum (110), Euryops (100), Pectis (100) e Wedelia (100).[2] Recoñécense 3 supertribos dentro desta subfamilia: Senecionodae, Asterodae e Helianthodae.[3][4][5]
Inclúe 20 tribos:
Tribo Anthemideae
Tribo Astereae
Tribo Athroismeae
Tribo Bahieae
Tribo Calenduleae
Tribo Chaenactideae
Tribo Coreopsideae
Tribo Eupatorieae
Tribo Feddeae
Tribo Gnaphalieae
Tribo Helenieae
Tribo Heliantheae
Tribo Inuleae
Tribo Madieae
Tribo Millerieae
Tribo Neurolaeneae
Tribo Perityleae
Tribo Polymnieae
Tribo Senecioneae
Tribo Tageteae
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.