From Wikipedia, the free encyclopedia
Ascóspora é unha espora (meiospora) que se produce no interior dun asco.[1] Esta clase de espora é específica dos fungos clasificados como ascomicetos (Ascomycota).
Tipicamente un asco contén oito ascósporas. As oito esporas son producidas pola combinación dunha división redutora (meiose), seguida por unha división normal (mitose). A meiose transforma o núcleo diploide orixinal do cigoto, con carga xenética 2n, en catro células haploides con carga xenética n.
Como consecuencia da meiose, todo o ADN de ambos os dous sistemas duplícase, para facer un total de catro sistemas. O núcleo que contén os catro sistemas divídese en dúas etapas, separándose en catro novos núcleos. Despois deste proceso, cada un dos catro duplicados experimenta unha división por mitose. Consecuentemente, o asco conterá catro pares de esporas.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.