Asasinos natos
filme de 1994 dirixido por Oliver Stone / From Wikipedia, the free encyclopedia
Asasinos natos (en inglés: Natural Born Killers) é un filme estadounidense de 1994 dirixido por Oliver Stone. Está protagonizado por Woody Harrelson, Juliette Lewis, Robert Downey Jr., Tom Sizemore e Tommy Lee Jones. Conta a historia de dúas vítimas dunha infancia traumática que se converten en amantes e asasinos de masas, e que son irresponsablemente glorificados polos medios de comunicación de masas. Baséase nun guión orixinal de Quentin Tarantino que foi revisado polo escritor David Veloz, o produtor asociado Richard Rutowski e o propio Stone. Tarantino recibiu o crédito da historia. Jane Hamsher, Don Murphy e Clayton Townsend produciron o filme, con Arnon Milchan, Thom Mount e Stone como produtores executivos.
Asasinos natos | |
---|---|
Logo do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Natural Born Killers |
Director | Oliver Stone |
Produtor |
|
Guión |
|
Baseado en | Historia de Quentin Tarantino |
Intérpretes |
|
Fotografía | Robert Richardson |
Montaxe |
|
Estudio | Regency Enterprises |
Distribuidora | Warner Bros. |
Estrea | 26 de agosto de 1994 2 de setembro de 1998 (TVG) |
Duración | 119 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Comedia negra |
Orzamento | $34 000 000[2] |
Recadación | $50 300 000[2] |
Na rede | |
Foi estreado o 26 de agosto de 1994 nos Estados Unidos, e no Festival Internacional de Cine de Venecia o 29 de agosto de 1994. Tivo un certo éxito de recadación, conseguindo uns $50 millóns sobre un orzamento de produción de $34 millóns, e recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que alabou as interpretacións dos actores, o humor, o argumento e a mestura de acción e romance, mais atoparon o filme demasiado violento e gráfico. Salientable polo seu contido violento e por ter inspirado crimes por imitación, foi considerado un dos máis controvertidos filmes da historia por Entertainment Weekly en 2006.[3]
Estreouse en galego o 2 de setembro de 1998 a través da TVG.[4]