Asasinato de Shinzō Abe
atentado contra o exprimeiro ministro do Xapón Shinzō Abe en 2022 From Wikipedia, the free encyclopedia
atentado contra o exprimeiro ministro do Xapón Shinzō Abe en 2022 From Wikipedia, the free encyclopedia
O 8 de xullo de 2022, Shinzō Abe, quen foi primeiro ministro do Xapón, foi disparado e asasinado mentres daba un discurso de campaña preto da estación Yamato-Saidaiji de Nara, na prefectura de Nara, aproximadamente nas 11:30 a.m. JST (UTC+9).[3][4][5]
Asasinato de Shinzō Abe | |
---|---|
Abe foi disparado preto da estación de Yamato-Saidaiji (imaxe da estación en 2012). | |
Coordenadas | 34°41′39″N 135°47′02″L |
Data | 8 de xullo de 2022 11:30 JST (UTC+9). (Nara, Xapón) |
Tipo de ataque | Magnicidio |
Arma(s) | Arma de fogo improvisada[1][2] |
Mortos | Shinzō Abe |
Sospeitoso(s) | Tetsuya Yamagami |
[ editar datos en Wikidata ] |
O 8 de xullo de 2022, Abe facía un discurso a prol de concelleiro Kei Satō, un candidato do Partido Liberal Demócrata que se presentou ás eleccións do domingo 10 de xullo. Abe foi disparado dúas veces dende detrás cunha arma improvisada,[1] posibelmente unha escopeta de dous canóns,[2] e colapsou. As feridas dos perdigóns eran o suficientemente profundas como para chegar ao seu corazón.[6][7][8][9]
Abe estaba consciente e comunicativo xusto despois de recibir o disparo. Foi trasladado a un hospital local por un helicóptero de emerxencia cunha ferida no lado dereito do pescozo e hemorraxia interna baixo o peito esquerdo e, segundo se informou, non tiña signos vitais cando chegou ao Hospital Universitario Médico de Nara en Kashihara.[9][3][10] Nunha rolda de prensa celebrada a partir das 14.45 horas, o primeiro ministro Fumio Kishida dixo que Abe estaba en estado crítico e que "os médicos [estaban] facendo todo o que [podían]".[11] Abe morreu no hospital ás 17.03 horas, unhas cinco horas e media despois do atentado.[12][13][14] Abe é o primeiro exprimeiro ministro xaponés en ser asasinado dende os asasinatos de Saitō Makoto e Takahashi Korekiyo durante o incidente do 26 de febreiro en 1936.[15]
Tetsuya Yamagami (en xaponés: 山上徹也?), un home de 41 anos da cidade de Nara e exmembro da Forza Marítima de Autodefensa do Xapón dende 2002 até 2005, foi arrestado pola policía da prefectura de Nara na escena do atentado e foi transferido á Estación de Policía do Oeste de Nara. Os policías describírono cunha actitude pasiva e que non intentaba fuxir.[16][17][18] Yamagami dixo aos investigadores que estaba descontento co ex primeiro ministro e tiña intención de matalo.[19][20]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.