Asasinato de John Lennon
From Wikipedia, the free encyclopedia
O luns 8 de decembro de 1980, John Lennon foi asasinado de cinco disparos efectuados por parte de Mark David Chapman na entrada do edificio onde vivía, o edificio Dakota. Lennon acababa de regresar do Record Plant Studio coa súa esposa, Yoko Ono.
Asasinato de John Lennon | |
---|---|
Edificio Dakota lugar do asasinato. | |
Lugar | Edificio Dakota, Manhattan, Nova York, Estado de Nova York, Estados Unidos |
Coordenadas | 40°46′36″N 73°58′35″O |
Branco(s) | John Lennon |
Data | 8 de decembro de 1980 10:50 p.m. (hora aproximada) |
Tipo de ataque | Asasinato |
Arma(s) | Revólver .38 Special de Charter Arms.[1] |
Mortos | 1 |
Feridos | 0 |
Perpetrador(es) | Mark David Chapman |
Motivo | descoñecido |
[ editar datos en Wikidata ] |
John Lennon foi un influyente músico británico de rock que adquiriu fama mundial por ser un dos membros fundadores da banda The Beatles, pola súa carreira como solista, e polo seu labor como activista político en contra das guerras. Foi declarado morto á súa chegada ao St. Luke's-Roosevelt Hospital Center, onde ademais sinalouse que ninguén podería vivir máis duns poucos minutos logo de sufrir tales lesións, pois perdera o 80% do seu volume sanguíneo. Pouco despois, nas estacións locais de noticias reportouse a morte de Lennon, polo que se congregou unha multitude no Roosevelt Hospital e en fronte do edificio Dakota.
Foi incinerado o 10 de decembro de 1980, no Cemiterio Ferncliff de Hartsdale, Nova York; as cinzas foron entregadas a Ono, quen decidiu non realizar un funeral por el, aínda que se realizaron varias homenaxes e tributos no seu honor.