parroquia civil do concello de Rianxo From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María de Asados[1] é unha parroquia que se localiza no sur do concello de Rianxo. Segundo o padrón municipal (INE 2013) ten 1.423 habitantes (681 homes e 742 mulleres) distribuídos en 17 entidades de poboación (aldeas). A poboación sofre un progresivo descenso, desde os 1.698 habitantes do ano 1999 e 1.554 habitantes do ano 2004.
Asados | |
---|---|
Igrexa de Santa María de Asados. | |
Concello | Rianxo[1] |
Provincia | A Coruña |
Coordenadas | 42°40′39″N 8°47′17″O |
Área | 18 km² |
Poboación | 1.357 hab. (2019) |
Densidade | 75,39 hab./km² |
Entidades de poboación | 17[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
No lugar da Mámoa naceu o padre franciscano Frei Luís Iglesias González (8 de maio de 1767 - Madrid, 1835), confesor da Raíña e catedrático da Universidade de Santiago.
Nesta parroquia viviu e morreu, de tuberculose, o poeta Manuel Antonio (28 de xaneiro de 1930).
Na parroquia de Asados atópase unha necrópole megalítica composta por máis de 20 túmulos. Atopáronse nela diferentes restos de interese: machadas de pedra puída, puntas de frecha de sílex e distintas pezas de cerámica.
Tamén existen varios xacementos con petróglifos. Entre eles, o das Barras, no alto do Pelotiño, con oito estacións nas que se poden observar círculos, cazoletas e figuras cadriculadas.
Lugares da parroquia de Asados no concello de Rianxo (A Coruña) | |
---|---|
Asadelos | A Atalaia | Burés | A Castiñeiriña | A Devesa | O Laxido | Lustres | A Mámoa | A Marquesa | Monte Grande | Outeiro | A Revolta | A Santa Lucía | Somoza | Suigrexa | Vilanustre | Vilas |
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Rianxo | |
---|---|
O Araño (Santa Baia) | Asados (Santa María) | Isorna (Santa María) | Leiro (Santa María) | Rianxo (Santa Comba) | Taragoña (San Salvador) |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.