filme de 1999 dirixido por Lasse Hallström From Wikipedia, the free encyclopedia
As normas da casa da sidra (en inglés: The Cider House Rules) é un filme estadounidense de 1999 dirixido polo sueco Lasse Hallström. Estreaouse no Festival Internacional de Cinema de Venecia, gañou o Globo de Ouro ao mellor guión, e tamén conseguiu sete candidaturas aos Óscars.
As normas da casa da sidra | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | The Cider House Rules |
Director | Lasse Hallström |
Produtor | Richard N. Gladstein |
Guión | John Irving |
Baseado en | The Cider House Rules de John Irving |
Intérpretes |
|
Música | Rachel Portman |
Fotografía | Oliver Stapleton |
Montaxe | Lisa Zeno Churgin |
Estudio | Miramax Films FilmColony |
Distribuidora | Buena Vista Pictures Distribution |
Estrea | Venecia: 7 de setembro de 1999 10 de decembro de 1999 |
Duración | 125 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Orzamento | 24 millóns de dólares (estimado) |
Recadación | 88,5 millóns de dólares |
Na rede | |
http://www.miramax.com/movie/the-cider-house-rules | |
Baséase na novela de John Irving, The Cider House Rules, e o propio Irving escribiu o guión. Outros directores emprenderon o proxecto de realizar a adaptación, como Ang Lee ou Michael Winterbottom, pero abandonárono debido a discrepancias co autor da novela.
Homer Wells (Tobey Maguire) é un orfo que vive no estado de Maine durante a década de 1930. Medrou no orfanato de St. Cloud's baixo a tutela do Dr. Wilbur Larch (Michael Caine), que nunca deixou de preocuparse polos cativos que ten a cargo no hospicio. Mais cando Homer se fai un home, e se dá conta das posibilidades que lle brinda a vida, empeza a dubidar e a cuestionar os métodos e a lóxica que o doutor lle ensinou. O Dr. Larch realiza abortos secretamente, e ilegalmente, e adestra a Homer para que sigas os seus pasos.
Homer decide deixar o orfanato con Candy Kendall (Charlize Theron) e o namorado dela, Wally Worthington (Paul Rudd). Logo, cando Wally vai loitar na segunda guerra mundial, Homer e Candy estreitan amizades. Máis tarde, o avión de Wally é abatido, deixándoo paralizado da cintura para baixo. Cando el volta para a casa, Candy decide que ela debe coidar del e non ficar con Homer.
O Sr. Rose (Delroy Lindo) e os seus compañeiros son traballadores migrantes que están empregados temporalmente na plantación de mazairas da familia Worthington. O Sr. Rose empreñou á súa propia filla (Erykah Badu), e Homer, que desaproba o aborto, percibe que neste caso en particular el debe realizarllo a ela. Máis tarde, cando o Sr. Rose tenta abusar de novo da súa filla, ela acoitelarao. O desexo del, moribundo, é que os outros traballadores lle digan á policía que a súa morte foi por suicidio.
Despois da morte accidental do Dr. Larch, Homer decide retornar ao orfanato e exercer o exercicio de novo director. No final do filme, descóbrese que o doutor falsificara o rexistro médico de Homer para evitar que se fora para a guerra.
Categoría | Persoa | Resultado |
---|---|---|
Óscar ó mellor filme | Candidata | |
Oscar ao mellor director | Lasse Hallström | Candidato |
Oscar ao mellor actor secundario | Michael Caine | Gañador |
Oscar ao mellor guión adaptado | John Irving | Gañador |
Óscar á mellor banda sonora | Rachel Portman | Candidata |
Óscar á mellor dirección artística | David Gropman Beth Rubino | Candidatos |
Óscar á mellor montaxe | Lisa Zeno Churgin | Candidata |
Ano | Categoría | Resultado |
---|---|---|
Globo de Ouro ao mellor actor secundario | Michael Caine | Candidato |
Globo de Ouro ao mellor guión | John Irving | Candidato |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.