As espigadoras
pintura de Jean-François Millet / From Wikipedia, the free encyclopedia
As espigadoras (en francés, Des glaneuses), tamén coñecido como As colleitadoras, é un cadro do pintor francés Jean-François Millet.[1] Pintado ao óleo en 1857, é unha representación realista de mulleres recollendo espigas. A pintura é famosa por mostrar dunha maneira moi humanista a realidade da sociedade rural do século XIX, o que foi mal recibido pola clase alta francesa. Cando foi exposto no Salón de París de 1857, foi considerado como «perigoso».[2] Posteriormente, converteuse en símbolo do patriotismo francés, utilizándose para estimular o alistamento durante a primeira guerra mundial.
Datos rápidos As espigadoras Des glaneuses, Artista ...
As espigadoras Des glaneuses | |
---|---|
Artista | Jean-François Millet |
Data | 1857 |
Técnica | Pintura ó óleo sobre lenzo |
Movemento | Realismo |
Dimensións | 83.5 cm × 110 cm |
Localización | Museo de Orsay (París, Francia) |
Pechar