forma de arte baseada na creación e modificación de obxectos físicos From Wikipedia, the free encyclopedia
As artes plásticas consisten en formar e conformar ideas con distintos materiais mediante accións como a pintura, o debuxo, a arquitectura ou a escultura; é dicir, as artes plásticas representan un conxunto de accións e actividades de tipo gráfico-plástico, onde interveñen a vista e o tacto para aprecialas e estimular a nosa imaxinación e pensamento.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2020.) |
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente. Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
A Lei da psicoloxía da forma, establece a tendencia a subdividir a totalidade dun campo de percepción en zonas máis articuladas, figuras, e outras fluídas e desorganizadas, que constitúen o fondo. Segundo esta lei, toda superficie rodeada tende a converterse en figura en tanto que a restante actuará como fondo. Wertheimer fixou, ademais, outras leis principais que determinan o fenómeno: todo obxecto sensible existe contra un fondo; a figura ten calidade de cousa, o fondo dá a impresión de que 'pasa' por detrás da figura; a figura é polo xeral o campo de menor tamaño; a cor é máis densa e compacta na figura que no fondo; tamén aquela presenta maior estabilidade, claridade e precisión, e aparece sempre máis preto do espectador. Todo o da figura lémbrase mellor.
Adoita chamarse imaxe ó conxunto das representacións que temos das cousas. Nalgunha medida imaxe e representación son sinónimos e refírense ós diversos tipos de aprehensión dun obxecto presente, a representación de percepcións pasadas, estar ligado á imaxinación na libre combinación de percepcións pasadas ou á alucinación. As imaxes ou representacións poden ser acústicas, ópticas, eidéticas, non eidéticas, afectivas, volitivas etc.
No sentido artístico, a imaxe plástica pode ser definida como o resultado dun proceso de creación, no que, buscando a adecuación dos materiais, as técnicas e a organización sofre unha transformación das impresións sensoriais, de fantasías mnémicas, supón sempre a actualidade da experiencia, a que aparece a través da imaxe; isto fai supor á vez unha experiencia anterior. A imaxe trae consigo a actualidade do obxecto convocante do dado.
É unha relación de medidas harmónicas entre as partes compoñentes dun todo, tanto como a distancia harmoniosa entre parte e parte. Estas relacións de medida son atopadas no mundo orgánico e inorgánico. Pero tales relacións matemáticas non se expresan de maneira mecánica, a relación existe pero as formas exhiben unha serie de pequenas variacións dentro da relación xeral, o que contribúe á beleza e á vitalidade.
Razóns numéricas ou xeométricas de distinta índole que emerxeron de investigacións sobre a natureza foron aplicadas á arte, sempre na persecución dunha unidade harmónica, os diversos rectángulos, pentágonos, as divisións internas dos mesmos etc.; tanto como nos diversos canons de medida aplicados á figura humana para obter beleza, por exemplo os canons de sete ou oito cabezas fan á proporción. O recurso da forma regular foi tido en conta, aínda fronte á influencia distorsionante da perspectiva, é así que de acordo con Vitrubio os gregos ensanchaban a parte superior da columna, respecto da inferior e en relación ó aumento de altura para manter a proporción cando esta entrase visualmente na converxencia de perspectiva. Todo isto tiña como finalidade salvar a beleza da obra.
Considérase que o punto é o principal xerador da forma e indica un lugar no espazo.[1]
"Como plano básico enténdese a superficie material que vai recibir o contido da obra. O plano básico esquemático está limitado por dúas liñas horizontais e dúas verticais e adquire así en relación ó ambiente que o rodea, unha entidade independente" (Wassily Kandinsky).
É o foco de atención máis forte nunha comprensión.
Suxestión que logra nunha orde plástica debido á aplicación, na organización, de determinados fundamentos visuais: destino común, boa dirección, agrupamento, secuencia lineal, transponibilidade, progresión, alternancia etc.
Tensión existente entre varios elementos formais ou lineais e o campo que os contén, a través da cal as figuras son atraídas, repulsadas ou aquietadas provocando a suxestión do movemento ou desprazamento. Segundo a regra de Duncker, na experiencia de desprazamento o marco tende a permanecer fixo, mentres que o obxecto dependendo dese marco executa o movemento. A estrutura do contexto no espazo e no tempo determinan a percepción do movemento; de igual maneira ocorrerá coas propiedades do movemento, é dicir, velocidade e dirección (a velocidade pode ser constante, cambiar en progresión regular ou abruptamente). O movemento percíbese dentro de certos límites de velocidade, a agulla dos minutos do reloxo, aparentemente parece quieto, dada a súa escasa velocidade, pero as paletas dun ventilador vense como unha forma borrosa e quieta dada a súa alta velocidade.
De igual maneira un obxecto pequeno parecerá desprazarse a maior velocidade que un de gran tamaño. A dirección está determinada polo sentido da secuencia en que un obxecto, forma, cor etc. segue nunha orde dada, ou pola tensión dunha liña, forma etc. con respecto a un bordo ou na súa propia dinámica, así vemos desprazarse cara a arriba a unha vertical con velocidades distintas nos seus extremos, subir a un triángulo isóscele, dirección igual nunha horizontal con mínima diferenza de velocidade cara á esquerda, e carecer de dirección a un cadrado. É dicir, os elementos axiais expresan movemento, unha catedral gótica é ascendente. As superficies curvas expresan movemento dobre, achegarse e afastarse.
O movemento pode ser continuo, con dirección establecida, lineal ou xiratoria. A forma do movemento pode ser simple ou complexa, cando por exemplo, varios elementos realizan igual movemento con igual ritmo, ou cando dous ou máis grupos realizan distintos movemento organizados con ritmos distintos entre si e non.
Deseño rápido e lixeiro que se fai dun terreo, dunha paisaxe, dunha posición militar etc., sen valerse de instrumentos nin aparellos xeométricos en forma de debuxo e como tenteo ou preliminar de algo que pode completarse.
A pesar diso un esbozo non carece de mérito. Mesmo algúns, realizados por grandes artistas, considéranse actualmente como obras de gran valor, debidamente apreciadas e con categoría de producións artísticas. Son famosos, por exemplo, algúns esbozos de Rafael, Rubens, Leonardo da Vinci etc.
É o ensaio que fai un artista antes de realizar a súa obra plástica.
Cor integrada en todas as súas dimensións.
Denomínase tamén ton á escala resultante dunha cor mesturada sexa con branco, negro ou gris, é dicir, ó matiz ou ben coa súa cor complementaria.
É a orde dos gradentes que se atopan entre os extremos máximos. Neste caso refírese só a variacións crecentes ou decrecentes de claridade, situadas entre polos de claridade ou escuridade.
É a resultante de diversas relacións do ton, conceptuado en todas as súas dimensións, que pola súa organización tenden a provocar un tipo tal de orde de cor que se manifesta movéndose cara á harmonía, o contraste ou a relación de temperatura.
Fronte a un cadro sempre se fai referencia á tonalidade dominante, sexa harmónica, por predominio dunha soa cor (monocromático), por predominio dunha cor á cal as outras tenden a asemellarse por mestura (tonalidade avermellada, azulada etc.), tanto como pola súa oposición (contraste), ou pola súa temperatura (tonalidade cálida ou fría). Pode darse tamén en valores de grises.
Grao de claridade ou escuridade dunha cor (branco e negro), debido á presenza de branco ou negro no mesmo. O valor non depende da cor en si, senón dos tons próximos: por exemplo o amarelo, é unha cor moi clara, ten un valor inferior a un verde ou violeta.
Dentro dunha pintura destacan maiormente as cores que posúen un valor máis alto, é dicir as que contan cunha maior presenza luminosa: amarelos, cremas, brancos etc.
No Renacemento, os pintores mantiñan un equilibrio dos valores, no Barroco, tal equilibrio substitúese polo xogo dos mesmos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.