Arquidiocese católica latina de Nouméa
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
A arquidiocese de Nouméa (en latín: Archidioecesis Numeana) é unha sé metropolitana da Igrexa Católica Latina. En 2013 tiña 141.204 bautizados sobre unha poboación total de 260.166 habitantes. O seu arcebispo é Michel-Marie-Bernard Calvet.
Archidioecesis Numeana (la) | ||||
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Parroquia eclesiástica | 88 (2006) | |||
Sacerdote | 39 (2006) | |||
Relixioso cristián | 55 (2006) | |||
Monxa | 111 (2006) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 280.460 (2019) (15,1 hab./km²) | |||
Lingua oficial | lingua francesa | |||
Relixión | Igrexa católica latina | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 18.575 | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Precedido por | ||||
Catedral | Nouméa Cathedral (en) | |||
Páxina web | diocese.ddec.nc |
A arquidiocese abrangue o arquipélago de Nova Caledonia. A sé arcebispal é a cidade de Nouméa, onde está a catedral de San Xosé. O territorio está dividido en 20 parroquias.
A misión católica na Nova Caledonia comezou coa chegada ás illas de cinco misioneiros maristas en 1843. Os comezos modestos da misión foron agravados pola persecución dun xefe local, que obrigou aos misioneiros a refuxiarse en Futuna.
O 23 de xullo de 1847 foi erixida a vigairía apostólica da Nova Caledonia, en territorios da vigairía apostólica de Oceanía central, mais non foi até o ano seguinte que os misioneiros puideron volver a Nova Caledonia para retomar a evanxelización das illas.
O 9 de febreiro de 1901 cedeu parte do seu territorio para erixir a prefectura apostólica das Novas Hébridas.
O 21 de xuño de 1966, coa bula Prophetarum voces do papa Paulo VI a vigairía apostólica foi elevada a arquidiocese e tomou o nome actual.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.