From Wikipedia, the free encyclopedia
Arnuero é un concello costeiro da comunidade autónoma de Cantabria, que forma parte da histórica comarca de Trasmiera. Limita polo norte co mar Cantábrico, polo leste con Noja e Argoños, polo sur con Meruelo e Escalante, e polo oeste con Bareyo.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Cantabria | ||||
Capital | Arnuero (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.255 (2023) (91,44 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 24,66 km² | ||||
Bañado por | Mar Cantábrico | ||||
Altitude | 24 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Jose Manuel Igual Ortiz (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 39195 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 39006 | ||||
Páxina web | ayuntamientodearnuero.com |
Arnuero é tamén localidade do concello, e contaba no 2008 con 2 091 habitantes (INE). A localidade está situada a 43 quilómetros de Santander. En Arnuero atopamos a igrexa da Asunción, que posúe un retablo renacentista, e que foi declarada ben de interese cultural no ano 1993.
Até non hai moito tempo, a súa base económica era a gandaría e a agricultura. Nos últimos anos, a economía foise decantando polo turismo. Un 8,7 % da poboación do concello emprégase no sector primario, un 15,5 % na construción, un 20,9 % na industria e un 54,9 % no sector servizos.
Ten catro praias e é un lugar turístico importante da rexión. Ten como atractivo os seus areais, a súa gastronomía (baseada en produtos hortícolas cultivados nas súas terras) e os seus peixes e mariscos.
Dentro do seu patrimonio, destacan varios bens de interese cultural con categoría de monumento:
Ademais, están protexidos o centro histórico de Isla como lugar ou ruta cultural, e o Hospital de Peregrinos, tamén de Isla, que é ben inventariado.
1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1980 | 1990 | 2000 | 2005 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.565 | 1.664 | 2.007 | 1.974 | 2.117 | 2.103 | 2.151 | 1.937 | 1.802 | 1.848 | 1.783 | 1.956 |
Fonte: INE
Debido ao aumento demográfico, no 2007 a corporación municipal pasou de ter 9 edís a ter 11. Nas seguintes táboas móstranse os resultados das eleccións municipais celebradas en 2003, 2007 e 2015.[1]
|
|
Eleccións municipais, 24 de maio de 2015 | |||||
Partido | Votos | % | Concelleiros | ||
PP | 1.002 | 73,3 % | 8 | ||
PRC | 226 | 16,5 % | 2 | ||
PSOE | 114 | 8,3 % | 1 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.