físico estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Arno Allan Penzias, nado en Múnic (Alemaña) o 26 de abril de 1933 e finado o 22 de xaneiro de 2024, foi un astrónomo e físico norteamericano, de orixe alemá, galardoado co Premio Nobel de Física do ano 1978.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2019.) |
Aos seis anos abandonou Alemaña mediante o Kindertransport, transporte establecido polo Reino Unido para evacuar os nenos xudeus durante o réxime nazi. Ao chegaren tamén os pais abandonaron xuntos o Reino Unido e establecéronse coa familia en Nova York en 1940.
No ano 1946 conseguiu a cidadanía norteamericana, estudou física na Universidade de Columbia e en 1962 doutorouse nesta mesma universidade.
Iniciou a súa investigación científica nos Laboratorios Bell de Nova Jersey, xunto a Robert Woodrow Wilson, realizando melloras de funcionamento sobre as antenas convencionais. En 1964 de forma accidental atoparon unha fonte de ruído na atmosfera que non podían explicar. Tras afinar a recepción da antena, o ruído foi finalmente identificado como unha radiación cósmica de fondo de microondas ou CMB. Este achado foi unha confirmación inicial da Teoría do Big Bang exposta por George Gamow.
En 1978 foi galardoado co Premio Nobel de Física, xunto con Robert Woodrow Wilson, polo seu descubrimento da Radiación cósmica de fondo. O premio foi compartido con Petr Kapitsa, aínda cando este por un traballo diferente.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arno Allan Penzias |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.