Argul[1] é un lugar da parroquia e concello de Pezós que se localiza no occidente de Asturias.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Asturias | |||
Provincia | provincia de Asturias | |||
Concello | Pezós | |||
Parroquia | Pezós | |||
Poboación | ||||
Poboación | 9 (2023) | |||
Número de fogares | 12 (2001) | |||
Xeografía | ||||
Altitude | 268 m | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 33735 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 33048010100 | |||
Situado a 268 metros[2] sobre o nivel do mar, a aldea localízase a 4,6 km da vila, e capital do concello, de Pezós e en 2021 contaba con 9 habitantes[3].
O goberno de Asturias declarou Ben de Interese Cultural o conxunto histórico de Argul o 22 de xullo de 2002[4]
O núcleo asenta nunha zona de media montaña próxima ao río Augüeira e constitúe unha das maiores singularidades arquitectónicas da Terra Eo-Navia e de todo o occidente de Asturias. As edificacións de pedra recostanse na rocha e nalgúns casos sobre o propio muro do camiño e entre as casas ábrese o beiril[5], un pasadizo subterráneo para pasaren as persoas e o gando co que se configura un apiñado complexo de paisaxes subterráneas so as casas. O conxunto configúrase a xeito de anel concéntrico, con comunicación entre as casas con solainas e beirís. Os casais constrúense por diferentes elementos organizados en torno ao patio, entre eles salientan o hórreo e o palombar [6]e tamén son frecuentes as palombeiras nos faiados.
Algunhas das casas edifícanse sobre a rocha do muro do camiño, sen outros alicerces, co que se logra unha edificación sólida, unha maior amplitude da casa co beiral que nalgún caso chega ata os 20 metros de longo. Os materiais que se utilizaron na construción foron os da zona: pedra, lousa, madeira e barro. Entre os edificios máis característicos está a casa de Vilar, construción rectangular de gran lonxitude con grosos muros de pedra e cun beiril de 20 metros. A casa de Juan Alonso Villabrille Ron, escultor barroco. Outras construcións son a casa de Bastián; casa Muxardín, convertida en oficina de turismo rural ou a casa de Cangas. No conxunto tamén conta con dúas capelas, a de Santo Antonio e a de San Miguel. A poboación tradicionalmente vivía da agricultura e mais a gandería, con especial preferencia polo cultivo da vide e o cereal. Na Idade Media construíronse 30 casais e ao longo dos séculos XIX e XX viviu un continuo éxodo de poboación, particularmente intensa foi a emigración ao Uruguai.
A 100 metros ao suroeste da aldea está o xacemento castrexo de El Castro, nun outeiro sobre o río Augüeira, e como no resto do territorio galegofalante existen lendas relacionados cos mouros. Localízase nunha área con abondosas explotacións auríferas, quizais da época romana, entre elas As Furadías, El Canal, A Carcavúa en Argul e As Antiguas en San Pedro de Augüeira e na que habitaba o pobo galaico dos albións como no resto do Eo-Navia.
A referencia escrita máis antiga na que se fai referencia á localidade é un documento do 30 de maio de 972 que se conserva no arquivo da catedral de Oviedo.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.