![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/46/Arena_2000.jpg/640px-Arena_2000.jpg&w=640&q=50)
Arena 2000
pavillón deportivo da cidade de Yaroslavl (Rusia) / From Wikipedia, the free encyclopedia
O Arena 2000 (en ruso Универсальный Культурно-Спортивный Комплекс Арена-2000 ou УКРК «Арена 2000») é un pavillón deportivo da cidade de Yaroslavl (Rusia). Foi inaugurado en 2001 e ten capacidade para 9.070 espectadores en partidos de hóckey sobre xeo e 8.795 para concertos. Neste pavillón xoga os seus partidos como local o equipo de hóckey sobre xeo Lokomotiv Yaroslavl, pertencente á Kontinental Hockey League (KHL). O pavillón tamén é empregado para exposicións e pista de patinaxe.
Datos rápidos Arena 2000Арена 2000, Datos ...
Arena 2000 Арена 2000 | |
---|---|
![]() | |
Datos | |
Coordenadas | 57°35′22″N 39°50′55″L |
Localización | Yaroslavl, Rusia |
Construción | |
Inauguración | 2001 |
Arquitecto | Skanska |
Estadio | |
Capacidade | Hóckey: 9.070 espectadores Concertos: 8.795 espectadores |
Propietario | Ferrovias Russas |
Localía | Lokomotiv Yaroslavl (KHL) |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
Pechar
O primeiro partido no Arena 2000 tivo lugar o 12 de outubro de 2001, cando o Lokomotiv Yaroslavl derrotou por 3 goles a 1 ao HC Lada Togliatti. Dende aquela ten acollido numerosos eventos, entre os que destaca o Campionato do Mundo de hóckey sobre xeo U18 2003.