From Wikipedia, the free encyclopedia
O HC Lada Togliatti (en ruso ХК «Лада» Тольятти) é un equipo profesional de hóckey sobre xeo da cidade de Togliatti, no óblast de Samara (Rusia). Actualmente compite na Vysshaya Hokkeinaya Liga tras abandonar a KHL no 2010 por problemas financeiros.
HC Lada Togliatti ХК «Лада» Тольятти | |
---|---|
Fundación | 1976 |
Cidade | Togliatti, Óblast de Samara Rusia |
Estadio | Lada Arena (6.600 espectadores) |
Liga | Vysshaya Hokkeinaya Liga (2010-presente) |
Adestrador | Guennadi Tsygourov |
Afiliado(s) | CSK VVS Samara (Vyschaïa Liga) |
Cores | Vermello, azul e branco |
Na rede | |
http://www.hclada.ru | |
O club foi fundado en 1976 baixo o nome de Torpedo Togliatti e disputou o seu primeiro partido o 31 de agosto dese mesmo ano fronte ao Dizelist Penza. en 1979 ascende á segunda división, mais descendeu novamente ao final da tempada, non recuperando a categoría ata 1982.
En 1990, o club adopta o seu nome actuale e un ano máis tarde ascende á primeira división. En 1994, o Lada Togliatti converteuse no primeiro equipo non moscovita en gañar o campionato nacional e ao ano seguinte disputou a final da Copa de Europa contra o Jokerit Helsinki.
O club gañou un segundo título de campión ruso en 1996, e na tempada seguinte proclamouse campión da Copa de Europa tras derrotar na final ao Modo Hockey de Suecia. No 2006, o Lada gañou a Copa Continental. No 2008 converteuse nun dos equipos fundadores da Kontinental Hockey League (KHL), unha nova competición eurasiática. No 2010 abandonou a KHL por problemas financeiros, pasando a competir na Vysshaya Hokkeinaya Liga.
A Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: HC Lada Togliatti |
A Galipedia ten un portal sobre: Hóckey sobre xeo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.