Os arcelínidos (Arcellinida) ou amebas testadas lobosas[1][2][3] son eucariotas unicelulares que están parcialmente encerrados nunha testa ou cuncha.

Máis información Arcellinida, Clasificación científica ...
Arcellinida
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Amoebozoa
Filo: Tubulinea
Orde: Arcellinida
Pechar

As amebas testadas arcelínidas atópanse comunmente en solos, follas caídas, turbeiras e en augas doces.[1] Utilizan os seus pseudópodos, expansións temporais da célula, para moverse e capturar os alimentos. Como a maioría das amebas, crese que se reproducen asexualmente por fisión binaria, pero revisións recentes considérase que o máis común nos arcelínidos e nas amebas en xeral é a recombinación sexual.[4]

Testa ou cuncha

As testas simples destes microorganismos están feitas ou ben por secrecións (testas autóxenas) ou ben por aglutinación de material externo (testas xenóxenas), ou ás veces por unha combinación de ambas. Os cambios ambientais pasados poden ser determinados analizando a composición de testas fósiles, e a reconstrución de cambios climáticos do pasado.[1]

Historia evolutiva

Os fósiles de amebas arcelínidas testadas están datados desde o período crioxeniano do Neoproterozoico.[5]

Teorízase que as amebas testadas are son na maioría dos seus grupos polifiléticas (proceden de máis dun tipo ancestral), pero o grupo das testaceafilosea, crese que se orixinaron a partir dun só tipo ancestral (monofiléticas). As testas antigas de especies terrestres atópanse xeralmente en ámbar fosilizado,[6] aínda que un importante estudo novo atopou amebas testadas do Cretáceo medio (Difflugia, Cucurbitella) en antigos sedimentos lacustres.[7] É probable que o grupo evolucionase minimamente durane o curso do Fanerozoico.

Clasificación

O grupo contén os seguintes taxons (pero a lista debe ser actualizada baseándose en datos de Adl et al. 2012),:[8][9]

  • Arcellina
    • Arcellidae
    • Microchlamyiidae
      • Microchlamys
    • Microcoryciidae
      • Microcorycia
      • Diplochlamys
      • Parmulina
      • Zonomyxa
      • Penardochlamys
  • Difflugina
    • Heleoperidae
      • Awerintzewia
      • Heleopera
    • Difflugiidae
      • Difflugia
      • Swabia
      • Pentagonia
      • Maghrebia
      • Zivkovicia
      • Lagenodifflugia
      • Pontigulasia
      • Cucurbitella
      • Suiadifflugia
      • Sexangularia
    • Hyalospheniidae
      • Hyalosphenia
      • Leptochlamys
    • Nebelidae
      • Physochila
      • Argynnia
      • Nebela
      • Alocodera
      • Schoenbornia
      • Certesella
      • Porosia
      • Apodera
    • Lesquereusiidae
      • Lesquereusia
      • Netzelia
      • Pomoriella
      • Quadrulella
      • Microquadrula
    • Paraquadrulidae
      • Paraquadrula
      • Lamtoquadrula
    • Centropyxidae
      • Centropyxis
      • Proplagiopyxis
      • Centropyxiella
    • Plagiopyxidae
      • Bullinularia
      • Geoplagiopyxis
      • Protoplagiopyxis
      • Paracentropyxis
      • Plagiopyxis
      • Hoogenradia
      • Planhoogenradia
    • Trigonopyxidae
      • Trigonopyxis
      • Cornuapyxis
      • Cyclopyxis
      • Geopyxella
      • Ellipsopyxis
      • Ellipsopyxella
    • Distomatopyxidae
      • Distomatopyxis
    • Lamtopyxidae
      • Lamtopyxis
  • Phryganellina
    • Phryganellidae
      • Phryganella
    • Cryptodifflugiidae
      • Cryptodifflugia
      • Wailesella

incertae sedis:

  • Geamphorella
  • Jungia
  • Oopyxis
  • Pseudawerintzewia
  • Pseudonebela

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.