![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Chili_%25281635%2529.jpg/640px-Chili_%25281635%2529.jpg&w=640&q=50)
Araucania (rexión histórica)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Araucania,[1] (tamén coñecido en castelán como Araucanía, Arauco ou Chile Araucano,[2] é o nome que se lle deu durante a conquista española de Chile á rexión habitada polos araucanos (mapuches), e que se atopaba entre os ríos Itata e Toltén, no sur de Chile.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/7a/Chili_%281635%29.jpg/640px-Chili_%281635%29.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/3f/Chile_Araucano_en_el_plano_General_del_Reyno_de_Chile_en_la_Am%C3%A9rica_Meridional_de_Andr%C3%A9s_Baleato_%281793%29.jpg/640px-Chile_Araucano_en_el_plano_General_del_Reyno_de_Chile_en_la_Am%C3%A9rica_Meridional_de_Andr%C3%A9s_Baleato_%281793%29.jpg)
Despois do gran levantamento de moluches e huilliches ocorrido trala batalla de Curalaba en 1598 durante a guerra de Arauco, os españois foron expulsados da ribeira sur do río Biobío. Despois de moitas décadas de guerra adicional, os ríos Biobío e Toltén foron recoñecidos como os límites da Araucania polos españois. Nun comezo, a Capitanía Xeneral de Chile denominou á zona limítrofe norte coa Araucania como «La Frontera», para logo chamar así, por extensión, a todo o que se entende hoxe como a rexión histórica da Araucania, incluíndo o límite sur.
Actualmente, esta rexión corresponde aproximadamente á rexión de Araucanía, e á provincia de Arauco, e ao sur das provincias de Concepción e de Biobío na rexión de Biobío.