estudo e construción de algoritmos que poden aprender dos seus erros e facer previsións sobre datos From Wikipedia, the free encyclopedia
A aprendizaxe automática (en inglés: machine learning) é un subcampo da enxeñaría e da ciencia da computación que evolucionou do estudo de recoñecemento de padróns e da teoría da aprendizaxe computacional en intelixencia artificial[1]. En 1959, Arthur Samuel definiu a aprendizaxe automática como o "campo de estudo que da aos computadores a habilidade de aprender sen seren explicitamente programados"[2]. A aprendizaxe automática explora o estudo e construción de algoritmos que poden aprender dos seus erros e facer previsións sobre datos[3]. Estes algoritmos operan construíndo un modelo a partir de entradas co fin de facer previsións ou decisións guiadas polos datos no canto de simplemente seguindo inflexíbeis e estáticas instrucións programadas. Mentres que na intelixencia artificial existen dous tipos de raciocinio (o indutivo, que extrae regras e padróns de grandes conxuntos de datos, e o dedutivo), a aprendizaxe automática só se ocupa do indutivo.
A aprendizaxe automática pode clasificarse en tres tipos principais: supervisada, non supervisada e por reforzo. Ademais, a aprendizaxe profunda (deep learning) é unha subdisciplina da aprendizaxe automática que se centra no uso de redes neuronais con varias capas (deep ou "profundas") que simulen o comportamento do cerebro humano para o procesamento de datos e a detección de padróns para a toma de decisións.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.