From Wikipedia, the free encyclopedia
Aphanius iberus é unha especie de peixe ciprinodontiforme da familia dos ciprinodóntidos. É unha das especies de vertebrados ibéricos en maior perigo de extinción. O seu carácter endémico e a drástica regresión que sufriu nas dúas últimas décadas conduciu á catalogación da especie en tódalas listas de especies ameazadas, nacionais e internacionais. O estado de conservación da especie no sueste da Península Ibérica viuse deteriorado notablemente.
Aphanius iberus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho (enriba), femia (abaixo). | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
En perigo[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
As poboacións do suroeste da Península Ibérica foron descritas recentemente como unha especie independente Aphanius baeticus. Algunhas poboacións alxerinas describíronse como Aphanius saourensis.
Peixe de corpo pequeno, que raramente supera os 5 cm de lonxitude total, sendo normalmente as femias de maior tamaño que os machos da mesma idade. Ten o corpo oblongo e aletas redondeadas, contando cunha aleta dorsal atrasada con respecto á metade do corpo. As aletas dorsal e anal teñen 9 a 11 radios ramificados. As escamas son grandes, existindo de 20 a 26 escamas na liña lonxitudinal media.
Presenta un dimorfismo sexual moi aparente: os machos ostentan unha coloración baseada en franxas verticais azuladas e prateadas, así como debuxos nas aletas, sobre todo na caudal, que está atravesada por varias franxas anchas, verticais e escuras. As femias, pola súa banda, son xeralmente pardo-verdosas, con manchas escuras distribuídas de forma irregular polo corpo; as aletas están desprovistas de deseño, e son transparentes; algunhas poboacións, no canto de manchas, teñen curtas franxas verticais escuras (por exemplo, as da Rexión de Murcia).[2]
A súa vida é curta, polo que poden acadar a madurez sexual moi axiña, nuns tres meses de idade. Realiza varias postas en cada período reprodutor (de 100 a 900 ovos por tempada), o cal se produce entre os meses de abril e outubro na Rexión de Murcia, sendo menor en poboacións localizadas máis ó norte, como a do Delta do Ebro (maio-agosto).[3] As postas realízanas en zonas con vexetación, que serven de refuxio ós ovos.
A eclosión acontece ós oito días da posta. Ó principio, o crecemento dos alevíns é rápido e a madurez sexual precoz, os exemplares nados en abril pódense reproducir en xuño, antes dos tres meses de idade. Tras a freza, prodúcese unha mortalidade alta nos adultos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.