![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/c/c2/Moniz.jpg/640px-Moniz.jpg&w=640&q=50)
António Egas Moniz
médico psiquiatra e neurocirurxián, político e escritor portugués / From Wikipedia, the free encyclopedia
António Caetano de Abreu Freire Egas Moniz, nado o 29 de novembro de 1874 na freguesía de Avanca, concello de Estarreja, distrito de Aveiro e finado o 13 de decembro de 1955 na freguesía de São Sebastião da Pedreira, Lisboa,[1] foi un médico psiquiatra e neurocirurxián, ademais de investigador, profesor, político e escritor portugués.
![]() | |
Nome orixinal | António Caetano de Abreu Freire Egas Moniz |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (pt) António Caetano de Abreu Freire de Resende ![]() 29 de novembro de 1874 Avanca, Estarreja, distrito de Aveiro, Reino de Portugal |
Morte | 13 de decembro de 1955 São Sebastião da Pedreira, Lisboa, Portugal |
Cargos Embaixador Ministro de Relacións Exteriores | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | portuguesa |
Formación profesional | Doutor en Ciencias |
Educación | Universidade de Coímbra |
Coñecido por | Inventar a lobotomía prefrontal e a anxiografía cerebral |
Actividade | |
Campo de traballo | Neuroloxía ![]() |
Ocupación | psiquiatra, neurólogo |
Empregador | Universidade de Coímbra (1902) Universidade de Lisboa (1921-1944) |
Membro de | |
Lingua | Lingua portuguesa ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Elvira de Macedo Dias |
Pais | Fernando de Pina Resende de Abreu Freire e Maria do Rosário Oliveira de Almeida e Sousa |
Premios | |
Membro da Académie Nationale de Médecine (Francia) Premio Nobel de Medicina (1949) | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
Lista
|
Responsábel do desenvolvemento da anxiografía cerebral en 1927, un descubrimento que revolucionou a medicina e a neurocirurxía, permitindo o diagnóstico de tumores cerebrais e o diagnóstico e tratamento do aneurisma cerebral e a malformación arteriovenosa. Foi proposto tres veces para o Premio Nobel por este descubrimento (1928, 1929, 1930). Inventor do procedemento neurocirúrxico denominado lobotomía prefrontal, que permitiu a aparición da psicocirurxía; por este último descubrimento foi galardoado co Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1949, compartido co fisiólogo suízo Walter Rudolf Hess.
Foi embaixador, e ministro de Asuntos Estranxeiros de Portugal.
José Saramago, Carlos Filipe Ximenes Belo, José Ramos-Horta e António Egas Moniz son os únicos lusófonos que teñen premios Nobel.